En novembro celébrase a Semana da Literatura de Tradición Oral e Popular e nós decidimos centrala na temática da Lúa para dar a coñecer contos, adiviñas e crenzas populares sobre a mesma e a súa influenza no mar, no tempo, na saúde, na conduta da xente, nos cultivos… Para iso pedimos a colaboración das familias, a través dunha Circular, para que nos cubrisen unha Ficha, elaborada pola Biblioteca, na que podían recoller estas cuestións transmitidas de pais a fillos a través da Tradición Oral.
Recibimos cuantiosas achegas coas que acompañamos un Mural que se confeccionou para a ocasión, colocado no recibidor para poder ser consultado pola Comunidade Educativa. As fichas plastificáronse para logo confeccionar un Álbum de "Crenzas, ditos populares e adiviñas", que se conserve para anos vindeiros e, agora, colocadas en artísticos caballetes.
O Mural contén representacións das fases lunares e tamén a proposta “Xoga coas fases da Lúa”, para que os máis cativos poidan aprendelas divertíndose.
Tendo en conta o lema deste curso “Biblioteca Escolar, Territorio das Artes” incorporamos ao Mural testemuñas da presenza da Lúa en Artes tan significadas como a Literatura (a Poesía) e a Pintura. Así, a pintura de Klimt “A Lúa chea” acompañouse dunha poesía especialmente escrita para a mesma. Tamén poesías, entre outros, de García Lorca e cadros de artistas galegos como Lugrís, Seoane, Leandro Lamas ou Menchu Lamas e doutros pintores internacionais como Van Gogh, o español Joan Miró ou a brasileira Tarsila de Amaral, entre outros, contribuindo así a que o noso alumnado coñeza os mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario