A mestra de Educación Física traballou nas súas clases contidos relacionados co Espazo, vinculándoos coas buxainas. Así, o movemento natural dun peón serviu para que o alumnado comprendese o movemento de rotación dos planetas o redor de si mesmos e tamén o de translación ao redor do Sol, comparándoos.
Logo montou unha Exposición que incluía: ilustracións reflectindo estes contidos, selos de distintas partes do planeta Terra que tiñan de motivo decorativo as buxainas
e, finalmente, os peóns deseñados e creados polo alumnado con froitos do outono e con materiais de reciclaxe.
VINDE COÑECELA. ESTÁ Á ENTRADA DO XIMNASIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario