O 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional. A celebración, no noso colexio, retrasouse por uns días por cuestións técnicas. Houbo que esperar ao venres 15, para asistir a un Encontro con Chano Rodríguez, medallista paralímpico, que se levou a cabo na Biblioteca, e no que o deportista nos relatou a súa historia de superación persoal a través da natación.
A actividade estivo organizada pola mestra de Educación Física que contactou co deportista para convidalo a visitar o noso colexio.
O alumnado puido ver vídeos que o propio Chano amosou e explicou, contestando a todas as variadas preguntas que se lle fixeron, colmando así a curiosidade infantil.
Chano Rodríguez, dende a súa cadeira de rodas, demostrounos que cando un quere pode conseguir todo o que se propoña.
GRAZAS POR CONTAXIARNOS O TEU OPTIMISMO E ESPÍRITU DE SUPERACIÓN
No seguinte vídeo podemos coñecer outra vertiente da súa traxectoria:
No hay comentarios:
Publicar un comentario