A Biblioteca organizou, este 23 de abril para seguir coas conmemoracións do Mes do Libro, unha Sesión de Contacontos para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria con Iago López.
Iago contou dúas historias entrañables: unha, baseada no libro do Hematocrito “Axente Riciños” e outra, tendo como protagonistas a un can negro e a outro branco, do libro “Eu conto, ti cantas”, de Mª Victoria Moreno, que como sabedes é a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas...
E contounas interactuando co seu público que tanto pedaleaba e collía as curvas dun camiño como durmía placidamente...
E coa súa capa vermella rematou a sesión... quizais ata o ano que vén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario