BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 18 de abril de 2018

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

A escritora María Canosa, gañadora do premio Merlín de Literatura Infantil 2.017,  visitounos no  colexio convidada pola Biblioteca para manter un Encontro co alumnado de Primaria.
 1º e 2º  leran antes “O día que choveu do revés”; 3º, “Rubicundo”; 4º, “A cazadora de estrelas”; e 5º e 6º, “Muriel”, polo que puideron facerlle a escritora una morea de preguntas sobre a súa obra.

Contounos que cando escribe un libro o que máis lle custa é empezalo, elexir un final e poñerlle nome aos personaxes. 

Confesou que a maxia da literatura consiste en que cada lector/a poida completar as historias e que lle encanta escribir porque é vivir outras vidas lendo.
 Logo de dar as grazas aos nenos e nenas, xa que se non hai lectores non podería seguir escribindo, asinou os libros do alumnado e da Biblioteca.

Tamén aproveitamos para fotografarnos con ela e mostrarlle os murais feitos sobre dúas das súas obras: "O día que choveu do revés" e "Muriel".

No hay comentarios: