O 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga e o 22 de abril o Día Internacional da Nai Terra.
A clase de 2º quixo conmemorar estas datas tan importantes para o noso Planeta e para os seus moradores, todos os seres vivos, e realizaron dous PROXECTOS nos que recolleron o moito que aprenderon sobre estes temas.
Proxecto Día da Auga: “Non podo vivir sen ti”, Mural que responde as preguntas: Por que beber? Tamén somos auga. Que pasa se non bebemos suficiente? Cando beber? Xerra da auga. Canto beber?
Proxecto Día da Terra: “Compromiso Planetario”, un Taboleiro móbil recollendo un Decálogo de necesidades do Planeta a partir do debuxo de paisaxes terrestres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario