O noso colexio participou na 3ª Edición do Faro da Escola, suplemento educativo do xornal do Faro de Vigo.
Hoxe, 29 de maio de 2.018, todo o alumnado leva para as súas casas un exemplar deste Faro da Escola no que, entre outras moitas actividades, se reflicten aquelas relacionadas co Circo que organizou a Biblioteca:
A visita do mago Cali, "Non é maxia... é Ciencia", Exposición "Na pista, recicladores artistas" coas figuras circenses de reciclaxe elaboradas polas familias e os seus fillos/as nas casas... o Powert Point "Máis difícil aínda.... Mulleres do circo", o Tendal Poético coas estrofas, acrósticos, contos en verso... convertindo a Rosalía de Castro en artista do circo e, tamén, os relatos gañadores do Concurso "O Circo nas Letras".
Estamos moi orgullosos de visibilizar o noso traballo no exterior a través desta importante actividade de colaboración coa prensa, pola que o colexio recibiu un segundo premio na modalidade de Suplemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario