O alumnado de Educación Infantil coñeceu neste curso a obra do escritor e ilustrador infantil Eric Carle.
Nos seus contos (a maioría inspirados na Natureza) apreciaron a súa técnica, e mesmo tentaron imitala, seguindo os pasos que o propio Eric Carle explica na súa Páxina Web.
A propia curiosidade dos rapaces e rapazas deu lugar a que indagásemos na vida do autor e na súa carreira literaria e pictórica, a través dunha serie de Obradoiros moi significativos para eles/as.
O resultado deste traballo foi un Proxecto no que nenos e nenas gozaron, aprenderon, crearon, imaxinaron e sentiron.
Ademais o Proxecto reflectiuse no suplemento educativo Faro da Escola, tendo unha oportunidade máis para coñecelo polo miúdo nas nosas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario