BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

Ola a todos e todas:

Hoxe é o día de Rosalía e, como cada ano, o quixemos festexar esta data tan importante  para a nosa cultura.

Dadas as circunstancias (refírome ao virus, claro!) a festiña tivo que ser algo particular. Como xa sabedes non podemos compartir espazos, pero no noso cole estamos desexando vernos os uns aos outros así que como nas outras actividades houbo que facer un súper video.

 No video escoitaremos o primeiro poema de CANTARES GALLEGOS cantado polo noso alumnado, cada curso unha estrofa.

 

Hai que ver o ben que cantan os nosos alumnos e alumnas. Parabéns, sodes uns grandes artistas!!! 

Ademais preparamos un taboleiro de escornabots coas estrofas do poema en completo desorden. Precisamos a axuda dos nosos escornabots para ordenalas e averiguar que estrofa canta cada curso, así que... a INVESTIGAR.
Para ver o taboleiro preme en :Taboleiro día de Rosalía

No hay comentarios: