BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 26 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

Ola a todos e todas!

O alumnado de 5º e 6º de primaria, en relación ao noso proxecto de centro "O paso do tempo" realizou un pequeno traballo de investigación sobre os diferentes homes e mulleres que recibiron o Premio Nobel da Paz .

Plasmaron o seu traballo neste precioso mural

Todo o alumnado visitou o mural mentres que os seus autores lles explicaban quen era cada personaxe e porqué rebiron o premio.



Durante o recreo xogamos cos escornabots cun xogo de preguntas sobre estes premios Nobel 

Despois do recreo a rapazada protagonizou unha manifestación enarbolando carteis e cantando consignas pola paz. Por últimos cantamos unha versión en lingua galega de IMAGINE  acompañados pola música que tocaron algúns mestres





Compartimos un día marabilloso.
BICOS E APERTAS✌


No hay comentarios: