BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

martes, 4 de junio de 2024

DÍA DE ÁFRICA

O pasado mércores día 29 de maio celebramos no colexio o "Día de África" como colofón final do proxecto anual deste curso. Cada aula presentou os seus traballos e expuxo os mesmos ao resto de compañeiros e compañeiras. Había maquetas, traballos escritos, dixitais, música e baile, xogos... todos eles relacionados con animais, ecosistemas, persoas ilustres, roupa tradicional, tribos, gastronomía, etc. do continente africano. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos e todas na que as familias tamén puideron visitar a exposición ao finalizar a xornada. Sen dúbida un broche final espectacular para este proxecto que tanto nos aportou a todos e todas.

Collage Vision Board milimalista beige de Lores Sánchez

No hay comentarios: