Ola a todos e todas!
Como cada curso festexamos o entroido cun desfile e unha boa enchenta de doces típicos.
A temática deste ano foi a maxia, en relación ao noso proxecto de centro. Magos, coellos brancos, Merlín e sombrereiros tolos foron os disfraces escollidos polos diferentes ciclos.
Grazas á colaboración das familias puidemos degustar destes manxares nunha festiña que, por mor da chuvia, tivemos que celebrar no salón de actos da escola.
Ata outra!


No hay comentarios:
Publicar un comentario