BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO


 Ola rapazada,

hoxe, 23 de abril celébrase o Día do Libro, e desde a biblioteca escolar temos unha axenda chea de actividades.

Unha das actividades que máis nos gusta para festexar este día é compartir unha lectura, por iso repetimos.

Aproveitando un día precioso realizamos a actividade ao aire libre. Deixo unhas fotos por aquí.


Recibimos tamén a visita de Anxo Iglesias, poeta, que realizou un divertidísimo obradoiro de poesía co 5º curso de primaria e outro con 6º. Ademais concedeunos unha entrevista que podemos escoitar aquí.




En relación ao noso proxecto de centro creamos un Libro Máxico entre todo o alumnado que consiste en crear caligramas ou acrósticos e recollelos nun único exemplar que poderemos ler na biblioteca. Quedou un traballo precioso. 

Feliz día do libro!

No hay comentarios: