A Biblioteca preparou dúas Maletas Viaxeiras: unha para os maiores da escola;
e outra, para os máis cativos,
cheas de materiais de literatura e consulta, como son os libros do circo ou os escritos por María Canosa, que visitará proximamente a Biblioteca.
Ámbalas
maletas estarán entre catro e cinco semanas en cada clase. Levan
dentro o inventario dos materiais (libros e revistas) e o calendario
coas quendas de reparto.
A dos peques viaxou primeiro a 2º de Primaria
e a dos maiores foi a 6º.
Pero tranquilos que chegarán a todas as aulas no resto do curso
No hay comentarios:
Publicar un comentario