Na semana do 24 ao 28 de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, como vén sendo tradicional, fixemos unha Maratón de lectura, con libros do Espazo.
En Infantil os títulos contados foron: “A que sabe a Lúa?”, “A canción do Sol” e “Brunilda astronauta”. En Primaria: “Brunilda astronauta”, “Cando a Terra esqueceu xirar”, Por que o planeta Terra é tan especial?”, “Sopa de estrelas”, “O Principiño” e “Po de estrelas” .

O venres, 28 celebramos un Samaín espacial.
Alumnado e familias, na “Semana dos medos”, decoraron cabazas con motivos relacionados co Espazo e con todas organizamos unha EXPOSICIÓN. Xuntáronse verdadeiras esculturas cabaceiras representando un amplo abano de motivos espaciais: sistemas planetarios, estrelas, soles e lúas, planetas, naves espaciais, astronautas, extraterrestres, o home na Lúa …
A Biblioteca fixo unha selección de lecturas, adaptada ás distintas idades do noso alumnado, para que as clases, unha vez atravesado o corredor dos medos, puidesen gozar das mesmas e dun Samaín moi especial: “Os tres bandidos”, “A bruxa regañadentes”, “O lobo”, “O home do saco”, “O esquelete”, "A pantasma"…
Para a ocasión, os máis pequenos, de Infantil maquilláronse para meternos a todos moito medo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario