BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 30 de noviembre de 2011

"COÑECENDO AS DORNAS"

Dentro das actividades do noso Proxecto pareceunos interesante dar a coñecer algunhas das embarcacións tradicionais galegas de pesca, e entre elas, por ser típicas das Rías Baixas, consideramos fundamental traballar a “Dorna”.

Colocamos nun lugar central do recibidor da entrada do Colexio, en exposición permanente, a maqueta á escala dunha dorna (cedida polo CEIP San Roque de Cangas) á que lle adxuntamos unha explicación escrita sobre ese tipo de embarcacións para que o alumnado, nas súas aulas e na Biblioteca,  afondase no seu coñecemento.





A DORNA É UNHA EMBARCACIÓN DE PESCA TÍPICA DAS RÍAS BAIXAS GALEGAS DE APROXIMADAMENTE 4,50 METROS DE ESLORA E 1,5 DE MANGA, CON PROA REDONDA QUE SOBRESAE DA CUBERTA, POPA CHATA E PEQUENA E QUILLA PRONUNCIADA. MÓVESE CUNHA ÚNICA VELA E LEVA DOUS REMOS DE APOIO PARA CANDO NON HAI VENTO (“PARA AS CALMAS PODRES”).
 XERALMENTE LEVA DOUS TRIPULANTES A BORDO, O PATRÓN AO TEMÓN E O MARIÑEIRO QUE SE OCUPA DO IZADO DA VELA.

PROCEDENCIA : OS ESTUDOS SINALAN QUE É DE PROCEDENCIA VIQUINGA. FOI INTRODUCIDA COMO COPIA DO “DRAKKAR”, DURANTE AS INVASIÓNS VIQUINGAS QUE QUERÍAN ASEDIAR SANTIAGO NA IDADE MEDIA.

CARACTERÍSTICAS : ESTÁ FEITA EN MADEIRA. LEVA UN TEMÓN GRANDE QUE SE PROLONGA MÁIS ABAIXO DA QUILLA, GOBERNADO MEDIANTE UNHA CANA DE TEMÓN DE MADEIRA DUNHA SOA PEZA. COA INTRODUCIÓN DO MOTOR MARIÑO DE EXPLOSIÓN, A DORNA SUFRÍU UN REDESEÑO DA POPA, DISPONDO DUNHAS PEZAS DE MADEIRA QUE PERMITEN O ACOPLAMENTO DUN PEQUENO MOTOR FORABORDA.

Entra no vestíbulo do Colexio a observala detidamente.

No hay comentarios: