No recibidor do colexio recreamos un Mapa da Ría de Vigo onde fomos colocando os nomes máis importantes: concellos, accidentes xeográficos (Ría, illas, arquipélagos, penínsulas, cabos, estreitos, enseadas, praias…) ou construcións humanas (faros, pontes, aeroporto, colexio …).
O mapa de nomes está acompañado por unha composición de dezasete poemas que recrean a viaxe por mar desde o Norte (Cabo Home) ao Sur da Ría (Cabo Silleiro), con texto e fotografías dos nove concellos que se achegan á ela: Cangas, Moaña, Vilaboa, Pontevedra (desde Ponte Sampaio), Soutomaior ( desde Arcade), Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona.
Esta exposición é o punto de partida para traballar nas clases diferentes actividades.
Achégate ao recibidor do colexio, xunto á zona de libros para familias, a mirala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario