O venres, 27 de outubro de 2.011 as nosas nove “ Mochilas Viaxeiras ”, unha por cada aula, saíron gustosas de viaxe para percorrer as tres parroquias ás que pertence o noso alumnado: Cabeiro, Vilar de Infesta e Santo Estevo de Negros.
Van cargadas de moitas sorpresas: libros variados (dos itinerarios lectores, do tema do Proxecto da Biblioteca para este curso, de consulta e de aventura, de inglés…); revistas; guías e mascotas para que os nen@s compartan a lectura coas súas familias. E, tamén, incorporan consellos para saber como contar contos.
Solicitamos aos nen@s e ás súas familias que escriban as súas sensacións e opinións no “ Diario Viaxeiro ”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario