BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 25 de diciembre de 2011

"BAIXO AS ONDAS DA RÍA"

Tres son as actividades que  enmarcadas no Proxecto "Baixo as ondas da Ría" , se desenvolveron no 1º Trimestre en Educación Infantil  relacionadas coa proposta da Biblioteca:

- MURAL "BAIXO AS ONDAS DA RÍA":
Nas ventanas do recibidor de Infantil colocouse un macromural sobre un fondo de papel no que se dispuxeron siluetas de rochas, algas e corais en cartolina como base para ir pegando os animais mariños coloreados e recortados polos nen@s das tres aulas.

- EXPOSICIÓN SOBRE A RÍA
En continuidade co mural, nunhas mesas, as mestras do Ciclo colocaron, a xeito de reclamo, motivos náuticos: temón, faro, maqueta de barco, boias, salvavidas, cofre con xoias...Invitouse ao alumnado a traer cousas sobre o mar e, pouco a pouco, os pequen@s foron facendo as súas achegas, dende xoguetes de animais mariños, libros... ata unhas redes coas que se cubriu todo o teito do recibidor dando lugar a unha ambientación mariñeira moi atractiva que entusiasmou aos nen@s.

- INTERCAMBIO ENTRE AULAS: "CÓNTAME COUSAS DO TEU ANIMAL MARIÑO"
Elixíronse un nº de animais equivalente ao de alumn@s e repartíronse entre eles tratando de respectar as súas preferencias. Cada día ían descubríndose datos sobre cada un dos peixes, crustáceos, moluscos... para confeccionar o seu carné: especie de ficha técnica que incluía nome, tamaño, forma, cor, lugar do mar no que adoita vivir, curiosidades e "familia" á que pertence. Esta ficha pegábase por detrás da imaxe ampliada e a cor do animal, plastificándoa para colgala nun panel da aula. Ao tempo fixéronse actividades orais: adiviñas, cancións, lectura de contos... e escritas sobre estes animais e tamén xogos.
O 12 de decembro realizouse a "posta en común": os nen@s, de un en un, amosaron a tarxeta do seu animal, explicándolle aos demais as cousas que sabían del e dicindo a que familia pertencía e depositándoa na súa cubeta correspondente (silueta de golfiño para os mamíferos, de cangrexo para os crustáceos, de vieira para os moluscos, de peixe para os peixes...).

Os obxectivos que se perseguían, coa posta en prácticas destas actividades, foron entre outros:
- Tomar conciencia da pertenencia á realidade xeográfica, económica e cultural da Ría de Vigo.
- Incentivar a observación e o coñecemento do contorno mariñeiro da Ría.
- Descubrir os libros como fonte de información sobre o tema.
- Ampliar o seu vocabulario con términos referidos ao mar e á Ría.
- Diferenciar as distintas formas de vida nas augas da Ría cunha elemental clasificación.
- Apreciar a riqueza que supón a Ría para os seus habitantes.
- Describir verbalmente o animal elixido.
- Familiarizarse con falar para un grupo de persoas.
- Aprender a escoitar aos compañeiros con actitude de interese.
- Aumentar a autoestima e a confianza en si mesmo.
- Potenciar o coñecemento e interrelación entre os tres grupos.

No hay comentarios: