O día 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar pola Paz" e no noso colexio celebrámolo todos xuntos, grandes e pequenos, dun xeito moi especial: A Biblioteca, en colaboración cos Equipos de Actividades e de Dinamización da Lingua Galega, organizou unha sesión de títeres co grupo de teatro Tanxarina, para o que contamos co patrocinio da ANPA do Centro.
No Salón de actos Tanxarina representou o espectáculo “Contaloucos”, dous contos escollidos da literatura máis universal e contados por tres titiriteiros, tres loucos, como eles mesmos se definen:
“A bomba e o xeneral” de Umberto Eco
“Timoteo, o amigo do labrego”
de Terry Jones
de Terry Jones
Dúas historias relatadas con animacións diversas e cargadas de situacións cómicas. Monecos das máis diversas técnicas contáronnos historias que falan de cousas de agora mesmo, con todo o sabor dos contos tradicionais: unha guerra, un trasno, o antimilitarismo, a amizade e unha chea de sorpresas.
Finalizado o espectáculo, todos xuntos, cantamos collidos da man a canción “Estreliña de Paz”, con letra e sintonía orixinal do mestre de Música do Centro, que nos lembrou o tema do Proxecto da Biblioteca:
Unha estreliña de mar
quere viaxar
coñecer outro lugar
onde estar.
Despois de moito vivir
no seu fogar
fortes correntes a levan
sen parar.
Nadar e nadar
rir e soñar
A nosa amiga estreliña
quere PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario