BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 18 de febrero de 2012

ENTROIDO 2.012: "UN MAR MÁXICO"

O venres 17 de febreiro “o Mar” asolagou o noso colexio coas súas ondas máxicas en forma de disfraces e de festa.
 Un “mar” de auga, de algas e medusas, de peixes e mariscos, de formas de vida mariña tomou forma nos disfraces do 3º Ciclo de Primaria; un “mar” de deportes náuticos presentaron os do 2º Ciclo e un “mar” de oficios mariñeiros tomou forma no 1º Ciclo.
 Con Educación Infantil entrou desde a Ría de Vigo unha invasión pirata chea de color e alegría:

“Chegados nun galeón
atracado en San Simón,
os piratas de Infantil
van cantando unha canción…”

 A maxia do Mar e a maxia do Entroido unidas nesta celebración.


No hay comentarios: