Un polbo pirata, capitán dunha
dorna da Ría, vixía a Exposición sobre o Mar montada no recibidor do noso
colexio.
Dende a súa atalaia vela atentamente maquetas de barcos, cadros,
murais de mariscos de Galicia, fotografías modernas e antigas, artes de pesca,
áncoras, útiles e trebellos dos mariñeiros, corais, cabaliños e estrelas de
mar, algas e cunchas variadas, tanzas e redes, libros do máis variado… e
múltiples obxectos relacionados coa nosa Ría e coas actividades e a vida que
nela se desenvolven: o verdadeiro tesouro da Ría de Vigo.
A exposición, posible grazas ás achegas das familias, do
alumnado e do profesorado, estará baixo a protección do noso “Capitán Polbo da Ría” durante todo o
segundo trimestre deste curso 2011/2012.
Vinde coñecela, que paga a pena!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario