O día 24 de febreiro está contemplado como data sinalada no "Calendario do libro e da lectura" como DÍA DE ROSALÍA. Este calendario foi aprobado no seo do Consello Asesor do Libro.
Efectivamente, Rosalía de Castro, a gran poetisa galega, naceu un 24 de febreiro do ano 1.837 en Santiago de Compostela, morrendo en Padrón un 15 de xullo de 1.885.
É unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego: nun tempo no que o galego era unha lingua desprezada, Rosalía, rompeu a cantar en galego e devolveulle a esta lingua o seu merecido prestixio literario: foi cos seus "Cantares Gallegos".
Outras obras importantes súas son: "Follas Novas" e "En las orillas del Sar".
No colexio CEIP Alexandre Bóveda, de Redondela, a súa biblioteca elaborarou un LIM titulado "Xogando con Rosalía", que vos convidamos a gozar.
Preme aquí para acceder a este enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario