BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 10 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

8 de marzo celébrase o "Día Internacional da Muller Traballadora" para conmemorar a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
A primeira convocatoria tivo lugar en 1.911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza extendéndose logo a numerosos países. En 1.977 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 8 de marzo como "Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional".
No noso colexio quixemos conmemorar esta efeméride proxectando, no recibidor do colexio, unha presentación, feita polo Equipo das TICS, sobre a Muller e o Mar (tema este último, como sabedes, do proxecto da Biblioteca) na que poidemos coñecer como as mulleres aparecen retratadas por algúns pintores galegos.

Este é o vídeo da presentación:

No hay comentarios: