Desde 1.967, o día 2 de abril, conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, no que se quere poñer de relevancia a figura do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre cativos e cativas.
Lembrade que algúns dos contos máis coñecidos deste autor son: "A vendedora de mistos", "A raíña das neves", "O reiseñor", "A sereíña" ...
A Biblioteca do CEIP Mestres Goldar elaborou un riguroso LIM sobre Andersen, que vos convidamos a ver. Nel, aparte da información sobre Andersen que aprenderedes de xeito ameno lendo e xogando, poderedes atopar contos narrados seus como "O parrulo feo" e "A princesa e o chícharo" ou, tamén, vídeos de "O soldadiño de chumbo", "O traxe do emperador" e "O parrulo feo".
Preme aquí co botón dereito para ter acceso a este LIM.
Preme aquí co botón dereito para ter acceso a este LIM.
No hay comentarios:
Publicar un comentario