Por mor das axudas que recibimos do PLAMBE puidemos acometer na Biblioteca unha serie de melloras que redundan na maior calidade do servizo aos usuarios da mesma:
No mobiliario, incorporamos un baúl e novos estantes nos que se sitúan todos os fondos multimedia (vídeos, DVDS, CDS de música) e os libros de literatura dedicados ao alumnado de Infantil. Tamén, catro mesas e 25 cadeiras, adaptadas ao ámbito bibliotecario, que fan máis fácil a lectura e o traballo escrito do alumnado.
Nos equipos informáticos e audiovisuais, adquiríronse novos ordenadores para a zona de xestión e para o alumnado e unha televisión permite visionar vídeos, DVDS e o que se desexe dende Internet.
No tocante aos fondos bibliográficos,seguíronse ampliando con DVDS, CDS, revistas e Libros de: Literatura Castelá e Galega, tanto para Infantil como para Primaria; Literatura Inglesa ou Bilingües (Castelá - Inglés/ Galego - Inglés); Consulta, para todas as idades; Atención á Diversidade ou de Educación en Valores; Revistas, DVDS e CDS; e outros materiais de apoio ao Currículo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario