BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 2 de abril de 2012

O MAR NA PINTURA GALEGA


Como ven sendo tradicional, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocou o Concurso Anual consistente na reprodución de obras da pintura galega, para achegarse a ela e coñecela máis a fondo.
Ao ser a “Ría de Vigo” o tema de traballo da Biblioteca para este curso decidiuse que o concurso tivese como tema central o mar na pintura galega. Cada aula escolleu un cadro dun pintor/a  galego/a  significado/a:
- Aula de 3 anos:  “Mirando a Ría”  de  Luís Seoane.
- Aula de 4 anos:  “A mar picada”  de  Luís Seoane.
- Aula de 5 anos:  “A nosa mar”  de  Virxilio Fernández.
- 1º de Primaria:  “Praia e ondas”  de  Luís Seoane.
- 2º de Primaria:  “Mariña”  de  Antonia Dans.
- 3º de Primaria:  “As mariscadoras”  de  Luís Seoane.
- 4º de Primaria:  “Paisaxe das Illas Cíes” de  Urbano Lugrís.
- 5º de Primaria:  “Mariñeiros remando”  de  Tomás Barros.
- 6º de Primaria:  Sen título de Manuel Pailós.

E.D.L.G. entregará libros de agasallo ás distintas aulas para premiar a participación do seu alumnado e, tamén, aos gañadores de cada curso, que foron: En 1º de Primaria, Joel Figueroa; en 2º, Lara Costas; en 3º, Sheyla González; en 4º, Adrián Cabaleiro; en 5º, Lara Álvarez; e, en 6º, Alexandra Pérez. En Infantil a reprodución do cadro é feita de xeito colectivo, polo que o premio é tamén compartido entre todo o alumnado.


No hay comentarios: