O 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reuniu a 315 asistentes aos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012.
Ademais das conferencias previstas (Casildo Macías, Elena Martín, Santiago Fernández, José Antonio Millán, entre outros), tamén houbo espazo para a difusión de experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información, contribuíndo á adquisición de competencias básicas, especialmente as competencias de "tratamento da información e competencia dixital" e a de "aprender a aprender".
Preme no seguinte enlace co botón da dereita e poderás ver un vídeo dos Encontros .
No hay comentarios:
Publicar un comentario