“IMAXINA, DEBUXA E CONSTRÚE” é unha proposta que se ven desenvolvendo dende hai moitos anos no noso Colexio. Ao alumnado e ás súas familias propónselles construír nas súas casas, con materiais de reciclaxe, figuras do máis variado durante as vacacións de Semana Santa.
Este ano tratábase de pensar nalgunha idea relacionada co tema do Mar feita con materiais como papel, cartón, plásticos, las… Tamén se podían facer figuras non relacionadas co mar pero si feitas con elementos mariños como area, cunchas…
A imaxinación, unha vez máis, volveu desbordar todas as previsións e así atopámonos con medusas, estreliñas de mar, peixes variados, unha aleta de tiburón, acuarios, faros, barcos, castelos de area… e ata maquetas dunha praia e da Illa de San Simón.

Con todas as creacións fixemos una exposición no recibidor do Colexio que pode ser visitada durante todo abril e maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario