BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 5 de noviembre de 2014

PREMIO A UN PROXECTO DO CEIP PORTO CABEIRO

     Como lembraredes "Tralas pegadas do Home na Historia" foi o Proxecto da Biblioteca no curso pasado, 2.013/14. Todo o colexio participou activamente nas distintas experiencias organizadas dende a Biblioteca e a máis cada unha das aulas desenvolveu actividades de procura de información para recollelas en variados traballos de investigación. Eso foi o que fixo o Equipo de Infantil que decidiu, baixo a dirección da súa coordinadora, a mestra Ester, e en colaboración coa Biblioteca, recoller todo o desenvolvido nun traballo escrito que se presentou a un Concurso de traballos por Proxectos, convocado pola Consellería de Educación.


     Agora vimos de recibir gratas noticias xa que dito traballo foi un dos premiados e recibiremos 1.500 € para investir en materiais de lectura e información para a Biblioteca. Sentímonos moi felices por ver recoñecido o noso traballo diario en prol da formación lectora do noso alumnado. 
Atrás quedan moitas actividades como visitas, obradoiros sobre os petróglifos, creación de contos, dun Caderno de Arqueoloxía, recreación de covas prehistóricas, álbumes de fichas, marca páxinas, postais, reprodución de petróglifos, exposicións dos materiais elaborados... ademais das organizadas dende a Biblioteca: Mochilas viaxeiras, préstamo, visitas de contacontos, guías de lectura, edición de materiais de elaboración propia como o Dicionario de libros e outras moitas.



Todo isto anímanos a seguir traballando e agora mesmo xa, de novo, estamos inmersos noutras actividades relacionadas co proxecto "Pegadas Artísticas da Humanidade" , propostas que desexamos sexan tan enriquecedoras como as acabadas de premiar.


FELICIDADES A MESTRES E ALUMNADO

No hay comentarios: