BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 30 de noviembre de 2014

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

Aproveitando que  novembro é  o "Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas" pareceunos interesante organizar unha actividade en colaboración coa Fundación MAPFRE que levaba por título “CIENCIA DIVERTIDA: VIVIR EN SAÚDE NA ESCOLA".
O martes, 18 de novembro, desenvolveuse  o Obradoiro formativo para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria no que se lles ensinou aos cativ@s, de forma divertida e interactiva, claves para vivir en saúde: aprenderon cos “Alimentos saltaríns” a orixe dos compoñentes da nosa dieta; co “Menú disparatado” prepararon un almorzo saudable; a Pirámide da alimentación e a Roda dos alimentos axudáronlles a coñecer os distintos grupos e as cantidades que se deben tomar cada día para estar sans; e, por último, coa actividade “Movemento e saúde” déronse conta da importancia de practicar a diario uns minutos de exercicio físico.

No hay comentarios: