BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 7 de diciembre de 2014

CAMIÑANDO POLA MAN: ARQUITECTURA E FOTOGRAFÍA


Para facer  un achegamento ás Artes Clásicas, entre elas a Arquitectura, e tamén a outras máis modernas como a Fotografía, a Biblioteca confeccionou ao longo do mes de novembro un MURAL co título “Arquitectura Nobre e Popular en Redondela” que pretendía dar a coñecer, a partir de fichas informativas, a riqueza arquitectónica do Concello, amosándoa tamén a través das fotografías aportadas polas familias e por outros fotógrafos expertos.

Mámoas, Petróglifos, Castros, Miliarios, Pazos, Hórreos, Muíños, Fontes, Lavadoiros, Igrexas, Cruceiros, Petos de Ánimas e Viadutos están presentes no MURAL, tanto a través de información escrita como por medio de fotografías, constituíndo un bo punto de partida para estimular as gañas de saber máis e de investigar do noso alumnado así como de incidir no respecto ao noso Patrimonio material. O MURAL colocouse no recibidor do colexio para poder ser consultado por toda a Comunidade Educativa, tamén polas familias que colaboraran aportando fotografías.

 Con todas as fichas informativas confeccionarase un Álbum co título “Arquitectura Nobre e Popular en Redondela”, que pasará a engrosar os materiais elaborados pola nosa Biblioteca. Así mesmo subirase ao Blog.

No hay comentarios: