BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 25 de enero de 2015

ARTES POLA PAZ: PICASSO

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. 
Na Biblioteca fixemos antes unha selección de lecturas, por exemplo "Un cuadro de Picasso", que nos permitiu coñecer "O Guernica".
 A partir desta pintura desenvolvéronse actividades como a de practicar  medicións. Así, en Ximnasia, coa cinta métrica, reconstruíron no chan as súas medidas. Foi o punto de partida para contar cos pés a medida do cadro, para saltar á pata coxa de dentro para fóra do mesmo, para facer xogos dentro del…


As clases de 1º e 2º  prepararon  un puzlle a color do "Guernica", de 50 pezas, unha para cada nen@, que recompuxeron no Salón de actos o día da celebración da PAZ,explicándolle ao resto do colexio a simboloxía das figuras e a intención do artista de denunciar as desgracias das guerras. 
Neste mesmo acto festivo da PAZ contamos coa presenza do escritor teatral e actor Inacio Vilariño que desenvolveu o seu espectáculo teatral "Contos de burros", que narra contos de Rodari e doutros escritores, aproveitando para relatarnos historias sobre a PAZ,  acompañado da súa guitarra.
 Logo da pintura, teatro e literatura non podiamos esquecernos doutra das ARTES que estudamos co noso Proxecto, a música, e todos xunt@s cantamos cancións de PAZ. 
Durante a semana previa a celebración, pensando en relacionar PAZ e ARTE fixáramonos  en Pablo Picasso e nas súas creacións de pombas da Paz, que colocamos no Mural confeccionado no recibidor do colexio. Ditas pombas da Paz  podedes velas na presentación en Issuu subida á Páxina de Arte deste Blog.
Invitámosvos a coñecer un vídeo da obra de Picasso, explicada por Cantinflas, e outro en 3D sobre "O Guernica"


No hay comentarios: