BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!
é o lema das Bibliotecas para este curso 2.014/ 15.
Durante este Trimestre desenvolveremos moitas actividades para seguir e practicar este slogan: organizaremos unha Exposición de libros de Matemáticas e Ciencias; pintaremos Mandalas decoradas con elementos matemáticos; leremos divertidas rimas con números para contar; coñeceremos os números da vida de Rosalía de Castro; representaremos a medida de cadros de pintura... para así relacionar este tema co noso proxecto da Biblioteca: As Artes.
Agora invitámosvos a ver este fantástico vídeo titulado "Donald en el país de las Matemágicas", onde comprobamos que as Matemáticas están presentes nos sitios maís insospeitados e aparecen relacionadas coas Artes (Música, Arquitectura, Escultura, Pintura...), coa natureza, cos xogos... As Matemáticas son a base de grandes inventos da Humanidade. Comprobádeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario