BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 21 de enero de 2015

XANEIRO MATEMÁTICO

     Empezamos o mes seguindo e practicando o lema “BIBLIOTECA ESCOLAR… MATEMÁTICO” e para iso organizamos unha Exposición con libros de Matemáticas e de Ciencias. Hai un pouco de todo, para todas as idades, para: saber máis, aprender cousas novas, repasar as xa coñecidas, pasando un anaco de tempo entretido.
 Por exemplo: “Un número mágico” ou “Un mapa do bosque”, da colección Pizca de Sal – Anaya, para traballar aspectos do currículo como a descomposición de unidades, a lectura de números, as medidas de lonxitude… “Diviértete multiplicando”, para aprender as táboas de multiplicar; “Asesinato del profesor de Matemáticas”, “Mates divertidas para gente ingeniosa”, “365 pingüinos”, “La selva de los números”…


Dita Exposición acompañouse coa decoración de diversas Mandalas, con motivos matemáticos, como formas xeométricas, números… pintadas polo alumnado e que se colgaron do teito á entrada da Biblioteca.

 Animádevos e pintade a vosa propia Mandala. Temos moitos modelos na Exposición.

No hay comentarios: