BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 23 de febrero de 2015

CONMEMORANDO O DÍA DE ROSALIA


Na semana do 23 ao 27  de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro” , xa que un 24 de febreiro de 1.837 naceu en Santiago de Compostela.
<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/_fmhkOXx66w" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Para celebralo organizamos  varias actividades:
- Exposición sobre Rosalía, na Biblioteca, cunha selección das súas obras e con carteis, en formato A3, que reproducían as  súas caricaturas.
- Elaboración pola Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do traballo: “Rosalía en números e imaxes” para relacionalo co lema Biblioteca Escolar… Matemático e coas Artes, tema do noso Proxecto: os números na vida e na obra de Rosalía, dando a coñecer os poemas “Mais  ve que o meu corazón”, en galego, e o principio de “Negra sombra”, en inglés, acompañando con fotografías, retratos e caricatutas da poetisa. Dito traballo, que inclúe un Xogo de Preguntas dirixido ás distintas idades do noso alumnado para practicar conceptos e nocións matemáticas,  está subido neste Blog na Páxina de Arte e se editou en papel.
 - Audicións musicais dos seus poemas nos recreos, na Biblioteca.
- Votación  para elixir a caricatura que máis gustou ao alumnado e ao profesorado (dunha recompilación de trinta). Nas aulas cada nen@ pode crear a súa propia caricatura de Rosalía.
Mirade esta marabillosa presentación titulada "As caras de Rosalía" realizada pola Biblioteca do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia (Ourense) que conta coa música de Kadi Galician Bully, un mozo rapeiro de Monforte que lle canta á nosa poetisa máis universal.

No hay comentarios: