BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 14 de febrero de 2015

UN ENTROIDO CON MOITA ARTE

O venres, 13 de febreiro, celebramos o Entroido no colexio e os disfraces fixeron alusión ao tema do noso Proxecto: “As pegadas artísticas da Humanidade”.
 A nosa Meca, disfrazada de ilustre pintora, xa dera as consignas para os días previos ao desfile.
Unha cabalgata moi artística foi a que desfilou facendo as delicias de toda a Comunidade Educativa; así, os de 4º de Primaria, formaron a Banda de Música de Porto Cabeiro.

1º recreou o cadro das Meninas de  Velazquez.
 2º  foi de artistas da Pintura.
3º, de mimos para achegarnos ao mundo do Teatro.
 5º apropiouse de personaxes famosos de Cine.
6º recreou  oficios relacionados coa Arquitectura.
E Infantil formou unha colorida Rondalla.
 Os mestres de Infantil, previamente, organizaran unha Exposición de instrumentos musicais das Rondallas coa colaboración das familias e do Centro Cultural de Vilar.
Ao seu carón outra Exposición fotográfica recolle imáxenes das familias desfilando en Rondallas co título: “Miña nai/ pai foi na Rondalla”

No hay comentarios: