BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 28 de marzo de 2015

NA PROCURA DE ARTE



Neste curso saímos á procura da Arte en múltiples ocasións: visitamos Exposicións de pintura (Antón Pulido); asistimos a representacións teatrais (“Antía, Wamba e o regato pequeño” da Tropa de Trapo e “Contos de Titiritrapo”) e a Concertos (Concerto Didáctico do músico Mussorgsky sobre cadros dunha Exposición do pintor Hatman e  a un espectáculo de Xogos musicais); fomos ao Cine a ver “Os pingüíns de Madagascar”... 
O día 25 de marzo acudimos
   a un Taller de Imaxinación, nun Encontro con Miguel Ángel Alonso, autor de “Cullarapo Croque”, “O soño de Esther”...

 O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria leu previamente estes títulos e traballou na Unidade Didáctica de  “A nena á que non deixaban ser feliz”, logo de ler o libro. 

Na visita o escritor achegoulle aos cativ@s o proceso de creación dun libro, dende os comezos (parte artística) ata a parte física (reprodución nun taller). O alumnado admirou as ilustracións orixinais de Luz Beloso recollidas nun caderno, as mesmas logo de ser tratadas a ordenador (expostas en fotografías) e esculturas que reproducían á nena  á que non deixaban ser feliz. 

O escritor explicou como se fai un libro na imprenta, amosou láminas de aluminio, pliegos, portadas de libros…
Finalmente como colofón da visita fixo de contacontos, interactuando co público (alumnado e mestras).
Pincha en forxadorde versos.blogspot.com para acceder a este enlace que vos achegará ao marabilloso mundo de Miguel Ángel Alonso.

No hay comentarios: