BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 29 de marzo de 2015

XOGOS E DANZAS NAS ARTES

Un traballo desenvolvido en Educación Física, na aula de , empregando os recursos Abalar, foi sobre o xogo tradicional do Aro Guía. Dita investigación centrouse en coñecer os orixes do xogo en Exipto, Grecia e Roma; en procurar saber como se desenvolvía; e, tamén, en recoñecer as diferentes variedades do mesmo.
Buscouse a presenza do Aro Guía nas Artes: na fotografía,cerámica, escultura e pintura (por exemplo, “Neno con aro” de Laxeiro).

Coa información impresa e con Aros Guía, subministrados pola familias, a mestra de Ximnasia organizou unha Exposición.
As mestras de Infantil deron a coñecer ao seu alumnado unha festa de orixe pagá que se celebra en Redondela o día do Corpus Christi: a da Coca, na que ocupan un lugar importante dúas Artes: a música e a danza: a Danza das Espadas e a Danza das Penlas nas que se escenifica a derrota da Coca, un monstro da mitoloxía galega, a man dos mozos redondeláns.

Os mestres coa axuda das familias, organizaron unha Exposición con materiais sobre a festa: fotos, recortes de xornais, libros de consulta e literatura, maquetas da Coca…
Nas profundidades da enseada de San Simón, na Ría de Vigo, vivía un diabólico dragón, coñecido como a Coca, que atemorizaba aos habitantes de Redondela porque de vez en cando se achegaba á vila para raptar a algunha nena. Un día, un grupo de mariñeiros decidiron facerlle fronte e consegueron derrotar á besta. O triunfo dos redondeláns chega aos nosos días en forma de danza: vintecinco mozos vestidos de branco e con faxín vermello son os encargados de escenificar a Danza das Espadas. Representan aos mariñeiros que venceron á Coca e que tras matala bailaron arredor do seu cadáver para celebrar a victoria. Os bailaríns danzan ao ritmo da gaita e das castañuelas que eles mesmos portan. Por medio das espadas danzan as Penlas. Trátase de dúas nenas pequenas que van en ombros das chamadas “burras”, dúas mulleres que son do gremio dos panadeiros. O baile representa a alegría das nais pola morte da Coca. As nenas van vestidas de branco e levan ás de anxos.

Logo de traballar o contido destas danzas os tres cursos de Infantil fixeron fermosas manualidades: 3 anos, cos mariñeiros da Danza das Espadas, 4 anos, coa Coca e, 5 anos, coa Danza das Penlas:
Pincha aquí  saber máis e ver fotografías destas Danzas.

No hay comentarios: