BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 30 de mayo de 2015

MAIO ARTÍSTICO PARA CELEBRAR AS LETRAS


A Biblioteca colaborou co EDLG para coñecer a Filgueira Valverde subministrando materiais. No Festival das Letras Galegas proxectouse un Power Point sobre o autor homenaxeado e os cursos inspiraron as súas actuacións, diante  da Comunidade Educativa, nos temas relacionados coas Artes. Así houbo un recital de poesía sobre Velazquez; obras de teatro; unha actuación a modo de banda de música; a Danza de Riofrío de Mondariz… A decoración, coas reproducións  do alumnado de cadros de artistas galegos, nos que se  pintaban as Artes, recordaba o noso Proxecto.
 Outras actividades foron sendas Exhibicións, acompañadas de explicacións de colectivos culturais de Redondela, sobre as Danzas das Penlas e das Espadas, que acompañan ás celebracións da Festa da Coca nesta vila. Estivo organizada polo Ciclo de Educación Infantil que fixo, ao longo do curso, un achegamento ás manifestacións artísticas de Redondela.
O noso alumnado tamén tivo ocasión de practicar a Danza das Espadas no patio:
   Ademais os venres de maio, na Biblioteca, houbo actuacións dos “Solistas de Porto Cabeiro”, alumn@s de Primaria que con variados instrumentos interpretaron distintas composicións musicais:
 -Laura Pereira (3º Primaria): “Himno da alegría” (piano).
-Araiz Bastos (4º Primaria): Improvisación (trompeta).
-Sofía García (4º Primaria): Tarantella (piano). 
-Ángela Crespo (5º Primaria): Marcha Swing (frauta traveseira). 
 -Joel García (5º Primaria): Rapsodia Rumana (piano).

No hay comentarios: