Neste mes de xuño, o recibidor do noso colexio, encheuse de arte, color, luz e alegría. Vinde velo.
Unha Exposición de pintura deu a coñecer á Comunidade Educativa os Proxectos desenvolvidos polas aulas de 1º e 2º de Primaria, con títulos moi variados: “AchegArte”, “E ti que pintas”, “Diego quere pintar o aire”, “Onde viven os cadros?”, “A Arte de Redondela salpica Nova York”, “A pintura” e “Miró”, cos cales o alumnado, ademais de aprender, puido experimentar e ser el mesmo artista, realizando fermosas reproducións plásticas.
Outra Exposición co título “Cabeiro de cine” xirou en torno a esta Arte, e constaba de libros e fichas impresas que recompilan a información da investigación feita por 5º de Primaria, contando ademais con zootropos, taumatropos… aparatos precursores do cinematógrafo dos irmáns Lumière e construídos polo alumnado; teatro de sombras; libros animados…
Ademais
a mestra de música colocou un Mural cos compositores e músicos máis
representativos de distintos períodos: Barroco, Clásico, Romanticismo,
Impresionismo, Música Popular, Música Moderna…
No hay comentarios:
Publicar un comentario