Arrancamos cun feixe de actividades que culminaron coa celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES:
SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS: Para coñecer como funciona a Biblioteca e os seus recursos. Lembramos normas, o préstamo de libros, as quendas de ordenadores… Organizáronse entre o profesorado novo, entre os voluntarios/as de 5º e 6º de Primaria e entre o alumnado, e vimos vídeos sobre o Proxecto:
“Estación Porto Cabeiro: Unha viaxe polo mundo”.
EXPOSICIÓN con libros do Proxecto, dividida en:• Libros de "CONSULTA”, onde buscar información para saber máis.
• Libros de “CREACIÓN LITERARIA” con contos, relatos, novelas… Poderémola consultar durante todo novembro.
A BIBLIOTECA decorouse e forneceuse de materiais para iniciar a "nosa viaxe polo mundo". Colocamos: Globos terráqueos, bólas do mundo para facer xogos diversos, libros, libros CD, revistas, vídeos, puzzles...
Neste Blog, na Páxina Unha viaxe polo mundo, tendes moitos recursos: Guías de Países, Continentes e Culturas; Animais, comidas, marabillas, bandeiras e linguas do mundo; Xogos interactivos, de mapas e de xeografía; Contos e adiviñas de África, Cadernos de China, México… Vídeo contos, debuxos animados, músicas do mundo… Consultádeos.
MARATÓN DE LECTURA para celebrar O DÍA DAS BIBLIOTECAS: En Infantil os títulos escollidos, contados polas mestras, foron: “ Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso”, “Perdido?” e “Once damas atrevidas”.
En Primaria, cada mestre/a organizou a orde e a duración da lectura dividindo o tempo entre o nº de alumnos/as para que participasen por igual: “Yupik y el espíritu maligno”, “Las tradiciones del mundo explicadas a los niños”, “La vuelta al mundo en 180 adivinanzas”, “Alinga y el feroz enemigo” e “O neno can”.
MURAL, colocado no recibidor, para satisfacer a curiosidade sobre o noso Proxecto:Nel están continentes, con fotografías dos animais máis representativos, e océanos do Planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario