Empeza un novo curso e no colexio estamos a preparar todo para arrancar axiña coas actividades da Biblioteca. Sabedes que o noso proxecto se titula "ESTACIÓN PORTO CABEIRO: UNHA VIAXE POLO MUNDO". Estudaremos continentes e países, linguas e culturas, contos e adiviñas do mundo... Mirade este corto educativo sobre os continentes
Promete ser moi interesante. Como tamén o é o lema das Bibliotecas Escolares Galegas "BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS" que invita a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar respostas, a interesarse polo polo alleo; a estudar xeografías; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
A imaxe do cartel é a interpretación que do lema fixo o ilustrador e autor de cómic Fran Bueno.
A imaxe do cartel é a interpretación que do lema fixo o ilustrador e autor de cómic Fran Bueno.
E xa que falamos de achegarse ao diferente coñezamos como multiplican en China con este vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario