BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 23 de diciembre de 2015

EXPOSICIÓN BUXAINAS E NADAL


A mestra de Educación Física realizou co alumnado das Aulas Abalar de 5º e 6º unha investigación sobre as Buxainas en distintos países e zonas do mundo (Portugal, Francia, Italia, Rusia, Canadá, India, Irán, Vietnam, Xapón, México, Brasil, Ecuador, Polo Norte…): como se chaman nos idiomas dos respectivos países, que materiais se empregan para a súa elaboración, dende cando e como se xoga…
 Coa información recompilada elaborou fichas, unha  para cada país que, xunto coas buxainas decoradas polo alumnado serviu para montar unha Exposición. É o punto de partida para que o resto do alumnado traballe sobre os contidos investigados e realice distintas propostas.

 Coa chegada do Nadal decoramos o recibidor do colexio felicitándoo en distintas linguas do mundo. O alumnado, coa axuda das súas familias nas casas, pintou e decorou, con variadas técnicas, as letras que compoñen as mensaxes. Tamén investigamos sobres as bandeiras dos países que estamos a estudar para incorporalas na decoración.
O festival de Nadal  tamén recolleu panxoliñas doutras partes do mundo tendo presente o Proxecto da Biblioteca para este curso.

No hay comentarios: