Dado que Xapón é un dos países estudados dentro do Proxecto Anual pareceunos boa idea aproveitar o ofrecemento dunha familia para instruir aos alumnos/as de Primaria nunha Arte marcial Xaponesa.
Para iso recibimos a visita, no ximnasio do colexio, de dous seguidores do KENDO, que nos explicaron cal é a filosofía desta Arte marcial xaponesa: unha combinación da amizade, respecto e disciplina, rexeitando calquera tipo de competividade e violencia física.
Ensináronnos cales son os movementos desta Arte e as súas secuencias; a vestimenta; as proteccións para as distintas partes do corpo, por exemplo, a cara; os rituais para saudarse...
Desenvolveron unha pequena competición onde se podían escoitar as voces que emitían e que avisaban ao outro xogador da parte do corpo onde se ía actuar.
Respostaron as preguntas do alumnado e así poidemos coñecer como se anotan os puntos da competición, que vixían 3 árbitros... Resultou ser unha actividade innovadora e gratificante para o noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario