Cada 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o "DÍA DA PAZ" para lembrar que tal día, en 1.948, un gran loitador polo pacifismo morreu asasiñado: Gandhi. Para relacionar a conmemoración co noso Proxecto estivemos investigando como se escribía a palabra PAZ en diferentes linguas do mundo: castelán, francés, italiano, xaponés, danés, brasileiro, indio... Cada clase pintou varias destas palabras para confeccionar entre todos un Mural, onde aparecía composta a palabra PAZ.
Os alumnos/as de 2º, que estudan Xapón, investigaron o sucedido en dúas cidades do país, Hiroshima e Nagasaki, nas que na 2º Guerra Mundial explosionaron sendas bombas atómicas. Leron un Manifesto para denunciar os horrores das guerras. A antorcha e a campá da Paz e Pancartas confeccionadas na clase de Valores reivindicaban:
"COIDEMOS A ESPECIE HUMANA. TAMÉN ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN".
A continuación, todos xuntos, para rematar a conmemoración cantamos e bailamos, no patio de columnas, a canción "Paralá", adaptada pola mestra de música, tendo en conta os países estudados polas clases dentro do Proxecto da Biblioteca.
Días antes, dende a Biblioteca, fixeramos unha selección de lecturas
para traballar esta temática con títulos adaptados as distintas idades
do noso alumnado: Negros e brancos, A galiña dona Paz, Unha manchea de bicos... Biografías de loitadores pola paz: Gandhi, Mandela, Malala, Wangari... Desta última "Wangari y los árboles de la paz" de Jeanette Winter, ambientado no seu país, Kenya. Basándose nesta fermosa historia o CEIP Lamas de Abade, de Compostela, confeccionou un Kamishibai, que vos mostramos a continuación:
Tamén seleccionamos dúas cancións que nos invitan a reflexionar sobre a PAZ:"Quérote máis" do Sonoro Maxín e "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario