BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 31 de enero de 2016

CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ - II

Logo das celebracións da PAZ do día 27, ao día seguinte, protagonizamos unha CARREIRA SOLIDARIA en favor de "SAVE THE CHILDREN".
 Como sabedes o noso Proxecto "Unha viaxe polo mundo" non so pretende coñecer a maior cantidade de datos posibles dos países que o compoñen senón, tamén a través desa información, chegar á comprensión e ao respecto mutuo. E non hai mellor forma de concienciarse que levando á realidade as ideas que pretendemos inculcar ao noso alumnado: as da tolerancia, respecto, xenerosidade e soliedariedade. Por iso, propuxemos a colaboración con esta ONG que está a desenvolver unha gran labor humanitaria en favor da infancia en distintas zonas necesitadas da Terra.
O alumnado, que contou con distintos patrocinadores (pais, avós..), e o profesorado participaron nesta carreira para recadar fondos que enviaremos a "SAVE THE CHILDREN". A carreira, que se desenvolveu no pavillón do colexio, puido ser presenciada polos patrocinadores dos cativos, esto é, as súas familias, que atenderon xenerosamente a nosa chamada de axuda.
Agora invitámosvos a ver un duro pero real vídeo clip titulado "Xa nada me asombra", en francés, "Plus rien ne m´etonne" do cantante Tiken Jah Fakoly, no que se denuncia o sufrimento de moitas persoas pola falta de PAZ nas súas vidas.

No hay comentarios: