BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 25 de enero de 2016

O MONTE É VIDA


O venres, 22 de xaneiro, recibimos a visita no noso colexio de técnicos do Distrito Forestal XVIII- Vigo, Baixo Miño para dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre a riqueza do monte e a necesidade de coidar a natureza: "O monte é vida".
Acompañados da proxección dun Power Point déronnos a coñecer moita información sobre as utilidades do monte: dannos oxíxeno, auga, madeira, leña, froitos silvestres, cogomelos, mel das colmeas tradicionais; neles podemos cazar, pescar, pasear e contemplar a natureza, practicar deportes como o sendeirismo...
Comentáronnos que temos que respectar a natureza, non contaminando o monte con lixo ou calquera outro vertido. Insistíronnos nos danos dos incendios, que son o problema máis importante xa que ocasionan a morte de persoas e animais; arde a terra, que se erosiona...
Hai que convivir no monte respectando unhas normas básicas: non tirando lixo, non berrando para non prexudicar a vida que nel hai, non practicando deportes agresivos...
Temos que ser GUARDIÁNS DA NATUREZA, para defender o noso planeta.
Resultou ser unha charla moi interesante e o alumnado puido facer multitude de preguntas, todas elas respostadas polos técnicos, que se compremeteron a volver o vindeiro curso para impartir unha nova charla.

No hay comentarios: