Un ano máis celebramos o Entroido no noso colexio e nesta ocasión os
disfraces facían alusión ao Proxecto da Biblioteca "Unha viaxe polo
mundo".
Unha cabalgata viaxeira percorreu distintos lugares do mundo facendo as
delicias da Comunidade Educativa: En Infantil houbo bailarinas e
mariachis mexicanos, franceses e máscaras venecianas.
En 1º de Primaria, inuits do Polo Norte; geishas e samurais do Xapón en 2º.
Celebrando os Xogos Olímpicos de Brasil, en Río de Janeiro, os de 3º; aborixes australianos, os de 4º.
5º de Primaria celebrando unha voda hindú.
No hay comentarios:
Publicar un comentario