No recibidor do colexio confeccionamos un MURAL realizado a partir das investigacións realizadas sobre os países e lugares do mundo estudados polas aulas, a mestra de Inglés e a Biblioteca: México, Francia, Italia, Groenlandia, Xapón, Brasil, Australia, India, Estados Unidos, Inglaterra e Sudáfrica. Un xeito de visibilizar as informacións recompiladas no Caderno de Investigación e de mostralo a toda a Comunidade Educativa.
Para facer o Caderno fixéronse investigacións para buscar e seleccionar información
sobre os lugares elixidos. Estiveron
presentes datos comúns: a localización do país e como se pode viaxar ata
el, como se chaman os habitantes e a capital, cal é a moeda,
que linguas se falan, como é a flora e fauna… e outras
informacións que axudasen a coñecer mellor cada lugar. Coa
información completouse unha ficha, elaborada pola Biblioteca, para compoñer o Caderno, que se editará en papel e que está subido neste Blog na Páxina "Unha viaxe polo mundo", apartado Traballos de elaboración propia.
Saínza, a mascota da Biblioteca, unha aventureira que viaxa polo mundo, é o fío condutor da investigación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario